Timeo de Tauromenio
Nome orixinal | (grc) Τίμαιος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 345 a. C. Taormina, Italia (pt) |
Morte | c. 250 a. C. (94/95 anos) ancient Syracuse (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia |
Ocupación | historiador, escritor |
Período de tempo | Período helenístico |
Profesores | Isócrates de Atenas e Philiscus of Miletus (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Andromachus |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Timeo de Tauromenio, nado en Tauromenio, a actual Taormina (Sicilia) sobre o -350 e finado en Siracusa sobre o -260, foi un historiador grego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Andrómaco de Tauromenio. No ano -316 a cidade foi conquistada polo tirano de Siracusa, Agatocles e Timeo viuse obrigado a se exiliar en Atenas, onde se familiarizou coa retórica de Filisco, un discípulo de Isócrates. Comezou alí a confección de obras históricas. Probabelmente regresou a Siracusa en torno ao ano -269, cando a cidade se atopaba baixo a tiranía de Hieron II, e se cadra morreu nesa cidade pouco despois do -260.
Obra
[editar | editar a fonte]Timeo escribiu unha obra de trinta e oito libros sobre a historia dos gregos no Mediterráneo occidental, cuxos cinco primeiros libros estaban dedicados aos demais pobos da zona, entre eles aos romanos. Isto, xunto aos seus escritos sobre as guerras de Pirro, convérteno no primeiro historiador grego coñecido que profundou seriamente na historia romana[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cornell, 1999, p. 25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cornell, T.J. (1999) [1995]. Los orígenes de Roma, c. 1000 - 264 a.C.: Italia y Roma de la Edad del Bronce a las guerras púnicas. Barcelona: Editorial Crítica S.L. ISBN 84-7423-911-7.